Emerxencia Venezuela

Cáritas Diocesana de Santiago sumouse á campaña de emerxencia promovida por Cáritas Española para prestar axuda ás persoas afectadas polos recentes terremotos rexistrados en Venezuela. A través da rede internacional de Cáritas estase a coordinar a resposta humanitaria para atender as necesidades máis urxentes da poboación, colaborando coas Cáritas diocesanas venezolanas na avaliación dos danos e na distribución da axuda. As persoas que desexen colaborar con esta campaña de emerxencia…

Seguir leyendo

Colaboración co mosteiro de Santa María de Belvís

Durante os días 17 e 18 de xuño, persoal do Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela desenvolveu unha acción formativa no Mosteiro de Santa María de Belvís, destinada a mellorar as condicións de conservación e organización do seu arquivo histórico. Esta actuación de asesoramento e formación desenvolveuse no arquivo do Mosteiro de Santa María de Belvís, en colaboración coa comunidade de Madres Dominicas. A actividade, levada a cabo polo…

Seguir leyendo

AVISO HORARIO ESPECIAL

Informamos aos nosos usuarios de que o próximo xoves 18 de xuño o Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela permanecerá pechado ao público ata as 11:00 horas. Este peche temporal débese á celebración da Misa de Aniversario por Mons. Salvador Domato Búa, anterior Director deste Arquivo, que terá lugar ás 09:30 horas na Santa Igrexa Catedral Basílica de Santiago de Compostela. Mons. Salvador Domato Búa configurou e desenvolveu esta…

Seguir leyendo

Visita o Arquivo

  Na mañá do pasado 28 de maio, o Arquivo Histórico Diocesano de Santiago recibiu a visita dun grupo de 12 alumnos e alumnas do módulo de Xestión de Arquivos do centro de formación Infórmate, nunha actividade orientada a complementar a súa formación académica mediante o coñecemento directo do funcionamento dun arquivo histórico. A visita foi guiada polo técnico do Arquivo Urbano, quen acompañou ao grupo ao longo dun percorrido…

Seguir leyendo

NOVO SISTEMA DE RESERVAS

Novo sistema de reserva de prazas na sala de investigadores   O Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela poñerá en funcionamento, a partir do vindeiro 15 de maio, un novo sistema de reserva previa de prazas para o acceso á sala de investigadores. A sala dispón dun total de 10 postos, dos cales 5 poderán reservarse previamente a través desta páxina web, manténdose os 5 restantes de acceso libre…

Seguir leyendo

Novas Incorporacións 12/03/2026

No AHDS seguimos traballando no inventario e na recollida de fondos parroquiais da Diocese de Compostela. O arquivo incorporou 75 novas referencias de 12 parroquias aos seus fondos entre o 26 de xaneiro de 2026 e o 12 de marzo de 2026. Xa é posible consultar as condicións de acceso a estes novos depósitos no noso inventario WEB.    FONDO ARCIPRESTADO CONCELLO Andeade, Santiago Ferreiros Touro András, S. Lourenzo Arousa…

Seguir leyendo

MAC – MISCELÁNEA ARQUIVÍSTICA COMPOSTELÁ

O Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela anuncia a publicación do primeiro número de MAC – Miscelánea Archivística Compostelana, unha revista dixital de periodicidade semestral dedicada ás fontes documentais, á investigación e aos traballos vinculados co Arquivo, entendidos como expresión cultural e científica deste centro. MAC acolle estudos de arquivística, de historia —en calquera das súas ramas— e de historia da Igrexa e das súas institucións, así como outros…

Seguir leyendo

Novas incorporacións 26/01/2026

  No AHDS seguimos traballando no inventario e na recollida de fondos parroquiais da Diocese de Compostela. O arquivo incorporou 173 novas referencias de 22 parroquias aos seus fondos entre o 16 de setembro de 2025 e o 26 de xaneiro de 2026. Xa é posible consultar as condicións de acceso a estes novos depósitos no noso inventario WEB.   FONDO ARCIPRESTADO CONCELLO Ánxeles (Os), Sta. María A Maía Brión…

Seguir leyendo

Novas Incorporacións 15.09.2025

  No AHDS seguimos traballando no inventario e na recollida de fondos parroquiais da Diocese de Compostela. O arquivo incorporou 96 novas referencias de 14 parroquias aos seus fondos entre o 10 de xuño de 2025 e o 15 de septiembre de 2025. Xa é posible consultar as condicións de acceso a estes novos depósitos no noso inventario WEB.   FONDO ARCIPRESTADO CONCELLO Arcos de Furcos, S. Breixo Umia Cuntis…

Seguir leyendo