Visita o Arquivo

  Na mañá do pasado 28 de maio, o Arquivo Histórico Diocesano de Santiago recibiu a visita dun grupo de 12 alumnos e alumnas do módulo de Xestión de Arquivos do centro de formación Infórmate, nunha actividade orientada a complementar a súa formación académica mediante o coñecemento directo do funcionamento dun arquivo histórico. A visita foi guiada polo técnico do Arquivo Urbano, quen acompañou ao grupo ao longo dun percorrido…

Seguir leyendo

NOVO SISTEMA DE RESERVAS

Novo sistema de reserva de prazas na sala de investigadores   O Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela poñerá en funcionamento, a partir do vindeiro 15 de maio, un novo sistema de reserva previa de prazas para o acceso á sala de investigadores. A sala dispón dun total de 10 postos, dos cales 5 poderán reservarse previamente a través desta páxina web, manténdose os 5 restantes de acceso libre…

Seguir leyendo

MAC – MISCELÁNEA ARQUIVÍSTICA COMPOSTELÁ

O Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela anuncia a publicación do primeiro número de MAC – Miscelánea Archivística Compostelana, unha revista dixital de periodicidade semestral dedicada ás fontes documentais, á investigación e aos traballos vinculados co Arquivo, entendidos como expresión cultural e científica deste centro. MAC acolle estudos de arquivística, de historia —en calquera das súas ramas— e de historia da Igrexa e das súas institucións, así como outros…

Seguir leyendo

Novas Incorporacións 15.09.2025

  No AHDS seguimos traballando no inventario e na recollida de fondos parroquiais da Diocese de Compostela. O arquivo incorporou 96 novas referencias de 14 parroquias aos seus fondos entre o 10 de xuño de 2025 e o 15 de septiembre de 2025. Xa é posible consultar as condicións de acceso a estes novos depósitos no noso inventario WEB.   FONDO ARCIPRESTADO CONCELLO Arcos de Furcos, S. Breixo Umia Cuntis…

Seguir leyendo

Novas Incorporacións 10.06.2025

  No AHDS seguimos traballando no inventario e na recollida de fondos parroquiais da Diocese de Compostela. O arquivo incorporou 108 novas referencias de 15 parroquias aos seus fondos entre o 11 de abril de 2025 e o 10 de xuño de 2025. Xa é posible consultar as condicións de acceso a estes novos depósitos no noso inventario WEB.   FONDO ARCIPRESTADO CONCELLO Ameixenda, Santa Mariña Xiro da Rocha Ames…

Seguir leyendo

FESTAS DA ASCENSIÓN 2025

A solemnidade chamada Ascensión do Señor celébrase corenta días despois do Domingo de Resurrección e conmemora a ascensión de Xesucristo aos ceos. É a festa popular e tradicional por antonomasia para os composteláns. O polbo e o churrasco na carballeira de Santa Susana volverán congregar a milleiros de composteláns nunha cita agardada cada ano. O Arquivo permanecerá pechado os vindeiros xoves e venres, 29 e 30 de maio. Saúde e…

Seguir leyendo

Novas Incorporacións 11.04.2025

No AHDS seguimos traballando no inventariado e recollida de fondos parroquiais da Diocese de Compostela. O arquivo incorporou 178 novas referencias de 20 parroquias aos seus fondos entre o 19 de decembro de 2024 e o 10 de abril de 2025. Xa é posible examinar as condicións de consulta destes novos depósitos no noso inventario WEB.   FONDO ARCIPRESTADO CONCELLO Bastavales, S. Xiao A Maía Brión Caldas De Reis, S.Tomé…

Seguir leyendo