A solemnidade chamada Ascensión do Señor celébrase corenta días despois do Domingo de Resurrección e conmemora a ascensión de Xesucristo aos ceos.

É a festa mais popular e tradicional para os composteláns. Este ano a cidade está un pouco mais silenciosa,os pasarúas non saíron, os xigantes e cabezudos gardan a corenta,  e a Alameda non cheira a polbo e churrasco. Seguimos adiante e reservámonos; a normalidade chegará, aínda que sexa nova.

Saúde e saúdos do equipo do AHDS.

 

 

Imáxe: Turismo de Santiago