NORMATIVA EXTRAORDINARIA PARA O ACCESO E CONSULTA DE DOCUMENTACIÓN
O AHDS reabrirá ó público as súas instalacións a partir do vindeiro día luns 29 de xuño de 2020, en horario de luns a venres de 09:30 a 13:30 h.
A reapertura supón alteracións para adaptar os nosos servizos ás circunstancias actuais; modificouse e completouse a normativa de acceso e consulta vixente no noso arquivo. Esta e os trocos que figuran a continuación son de obrigado cumprimento.
- Na situación actual e seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias o AHDS reduce o seu aforo.
- Os usuarios deberán evitar o uso do ascensor sempre que sexa posible e en todo caso o uso será individual.
- Os usuarios deberán respectar as normas de distanciamento social (mínimo de 1,5 m. de distancia) así como as normas de hixiene establecidas polas autoridades sanitarias.
- É obrigatorio o uso de máscara e luvas, igualmente a desinfección de mans (con ou sen luvas sintéticas) á entrada.
- O AHDS poñerá ao dispor dos seus usuarios dispensadores de xel hidroalcólico, así como auga e xabón.
- O uso de zonas comúns verase restrinxido temporalmente en función da evolución da situación.
- O acceso aos armariños pode circunstancialmente limitarse.
- Para o acceso á documentación é preciso o uso de luvas de algodón sobre as luvas sintéticas.
- A consulta limítase a 6 documentos ou unidades de instalación por día e investigador.
- O acceso á documentación verase restrinxido polos períodos de corentena da mesma imposto polas autoridades sanitarias.
- O acceso á biblioteca auxiliar realizarase baixo pedido ao persoal de sala, queda prohibido o acceso directo á mesma.
- O usuario debe vir provisto do seu material (papel, goma, aguzalapis e lapiseiro ou computador portátil) o arquivo non facilitará material de oficina ou escritorio.
- O material refugado polos usuarios, máscaras, luvas, papel, etc. será depositado, por eles mesmos, nunha papeleira con tapa e pedal instalada para o efecto.
- Para calquera outra situación rexerán as normas habituais e se non hai máis remedio será o director ou persoal do arquivo quen avalíe a situación.
- O incumprimento desta normativa ou de calquera outra indicación que puidese realizar o persoal encargado, traerá como consecuencia inmediata a denegación do acceso ao arquivo.