O próximo día venres 17 de maio celebrase o Día das Letras Galegas este ano adicado a Dona LUÍSA VILLALTA GÓMEZ, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega.

Aínda que coñecida principalmente como poeta, a súa produción literaria abarca diversos xéneros nos que realizou contribucións fundamentais. No ámbito teatral, creou obras como O paseo das esfinxes, Concerto para un home só e As certezas de Ofelia. Tamén se adentrou no ensaio con títulos como O outro lado da música e a poesía, ademais de na narrativa, con pezas como A taberna do holandés, Silencio, ensaiamos, Teoría de xogos e As chaves do tempo.

En canto á súa obra poética, o seu primeiro libro, Música reservada, foi publicado en 1991, seguido de Ruído catro anos despois, en 1995

 

Real Academia Galega

 

O Arquivo pechará o público ese día