O profesor Salvador Luís Ares Espada, eumés nado no ano 1928, licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade Alcalá e obtivo o seu Doutoramento no ano 1954 na Universidade de Bolonia coa tese Il Soggiorno spagnolo di Luca Giordano. Posteriormente, no Colexio Español de Munich, formouse en filosofía. No Seminario Concilia Compostelán completou o seu currículo cos estudos en Teoloxía que o levaron a ordenarse como sacerdote da Diocese compostelá o 4 de agosto de 1963. Ao comezo da década dos anos 70 é nomeado delegado da Comisión Diocesana de Arte Sacra. É precisamente como membro desta comisión que, o xa profesor do Instituto Teolóxico Compostelán e de facultade de Filosofía e Letras da USC, comeza os traballos para elaborar un inventario de bens mobles da Diocese compostelá.
O profesor Salvador Ares Espada, como delegado de Arte da Diocese, percorreu as parroquias documentando fotográficamente os bens artísticos que atesouraba cada unha. Este proxecto supuxo un traballo descomunal e formidable, o profesor Ares Espada fixo un detallado inventario fotográfico no que se incluíron, ademais de vistas interiores e exteriores dos templos, a relación de retablos, imaxinería e ajuar litúrxico. Pero a cousa non quedou aquí. O fin para o cal foron creadas estas fotografías marcou un sentido de progresión no profesor Ares Espada. Aínda que buscaba protexer o patrimonio dunhas parroquias que comezaban a perder alento debido ás emigracións económicas da década dos 70, o seu ollo experto viu o momento de transformación que vivía a cultura popular en Galicia.
Nesta década de transformación política, rexurdimento cultural e social da cultura tradicional galega, o profesor Ares Espada efectuou un traballo rexistral que deixou unha instantánea de a sociedade galega.
A Biblioteca e Arquivo Histórico Diocesán levou a cabo durante este pasado ano 2022 un primeiro paso coa dixitalización e catalogación de 6946 negativos da colección composta por 35.000 negativos en 35 mm; traballo que o Arquivo espera continuar nos próximos anos. Esta colección fotográfica foi legada polo profesor Salvador Ares ao Director do AHDS, D. Salvador Domato, quen a depositou no Arquivo.
Grazas á convocatoria do programa de subvencións a fundacións e a entidades sen fins de lucro da provincia da Coruña titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas, para o desenvolvemento de actividades culturais durante o ano 2022 da Deputación dá Coruña (FO200/2022) e tamén, sen dúbida, ao apoio, compresión e paciencia do Excmo. Sr. Arcebispo D. Julián Barrio Barrio foi posible todo o proceso.