FESTAS DA ASCENSIÓN 2020 –

A solemnidade chamada Ascensión do Señor celébrase corenta días despois do Domingo de Resurrección e conmemora a ascensión de Xesucristo aos ceos. É a festa mais popular e tradicional para os composteláns. Este ano a cidade está un pouco mais silenciosa,os pasarúas non saíron, os xigantes e cabezudos gardan a corenta,  e a Alameda non cheira a polbo e churrasco. Seguimos adiante e reservámonos; a normalidade chegará, aínda que sexa nova.…

Seguir leyendo

TRABALLOS DE DIXITALIZACIÓN –

Dixitalización

  O equipo do AHDS segue coas tarefas para dixitalizar os fondos parroquiais depositados no arquivo. Cando chegue a reapertura ó público esperamos ofrecer novas referencias ós nosos usuarios.  Traballamos para incrementar o acceso a uns fondos moi demandados entre os nosos usuarios reducindo a manipulación e o uso de orixinais  e ó mesmo tempo asegurar a súa conservación e preservación.

Seguir leyendo

SEGUEMOS TRABALLANDO –

  A sala de consulta do arquivo estará pechada ao público ata novo aviso debido á situación xerada polo   COVID-19, pero o equipo do AHDS segue traballando.  Estamos a preparar a volta á normalidade, que esperamos sexa pronto. Anunciaremos a anceiada reapertura na web con tempo suficiente.   Saúde e saúdos de todo o equipo do AHDS.    Se tes algunha dúbida ou necesitas algunha certificación contacta connosco a…

Seguir leyendo