O Archivo Histórico Diocesano mercé o programa de subvencións  FO200/2019  da Excma. Deputación de A Coruña, levou  cabo ao longo do ano 2019 a catalogación dos planos e mapas depositados no Arquivo Biblioteca Histórico Diocesano de Santiago de Compostela (AHDS) procedentes dos fondos parroquiais da diocese e outras institucións diocesás e mesmo de doazóns particulares incorporadas a este arquivo.

Logo de algún que outro retraso, presentamos o catálogo das pezas máis senlleiras entre as 472 catalogadas. Estas pezas foron dixitalizadas de cara a mellorar o acceso a estes materiais, acción esta que incide tamén na conservación dos mesmos.

O Arquivo exhibe nas súas instalacións orixinais e reproduccións dalgunhas das máis destacadas que agora vos mostramos na galería de fotografías anexas.

Tamén podedes descargar o catálogo aquí  PLANOS, MAPAS E DESEÑOS