O Arquivo Histórico Diocesano no seu labor de custodio e organizador da documentación escrita, impresa, gráfica, fotográfica e audiovisual que producen os servizos da Diocese de Santiago de Compostela, pon agora ao dispor do público un novo catálogo do Fondo Fotográfico do Profesor Salvador Ares Espada. Nesta ocasión centrado nas parroquias diocesanas sitas na provincia de Pontevedra. A edición e publicación deste catálogo foi posible grazas a subvención concedida en concorrencia competitiva para edicións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para o ano 2023 da Excma. Deputación de Pontevedra.

O Profesor Ares Espada percorreu a Diocese durante as décadas dos anos 60 e 70 elaborando unha extensa reportaxe gráfica do Patrimonio desta Igrexa, deixando mostra da riqueza monumental e artística das parroquias do Arcebispado. Nunha tarefa de custodia e divulgación do Patrimonio á que dedicou a súa vida e as súas mellores enerxías.

Nesta publicación traspón o traballo rexistral do Prof. Ares Espada transitando cara á arte fotográfica a través do documentalismo e do “enfoque nítido”. Viaxe que o noso prologuista, D. Francisco José Prieto Fernández Arcebispo de Santiago, condensa con destreza “todo é tan cotián, e todo tan transcendente, eco dun tempo nin mellor nin peor, tempo noso, dos que foron e dos que somos fillos e fillas dunha esperanza que non decae”