SISTEMA DE RESERVA E ACCESO Á SALA
1 A sala de consulta dispón dun aforo máximo de 10 persoas.
2 O acceso organízase do seguinte modo:
a) 5 prazas mediante reserva previa online
b) 5 prazas de acceso libre, por orde de chegada
3 As prazas con reserva terán prioridade sobre o acceso libre.
4 Para realizar unha reserva é necesario darse de alta como usuario na web.
5 As reservas son persoais e intransferibles.
6 Cada usuario poderá realizar:
a) Máximo 3 reservas por semana
b) Máximo 6 reservas por mes
7 As reservas poden realizarse cunha antelación máxima de 30 días.
8 Puntualidade
8.1 A reserva mantense ata as 09:45 h.
8.2 Transcorrida dita hora, considerarase non atendida.
8.3 A praza poderá ser asignada a outro usuario.
9 Identificación
9.1 O usuario deberá identificarse en recepción (nome ou reserva en dispositivo móbil).
9.2 Non se permitirá o acceso con reservas realizadas a nome doutra persoa.
10 Non asistencia
10.1 A non asistencia sen cancelación previa implicará as seguintes medidas:
a) 1ª falta: suspensión de reservas durante 2 semanas
b) 2ª falta (nun prazo de 12 meses): 1 mes
c) Reiteración: ampliación do período de suspensión
10.2 Estas medidas poderán aplicarse atendendo á reiteración de condutas.
11 Cancelacións
11.1 Rógase cancelar a reserva coa maior antelación posible no caso de non poder asistir.
11.2 A cancelación permite que outros usuarios poidan acceder ao servizo.