O Archivo Histórico Diocesano mercé o programa de subvencións  FO200/2019  da Excma. Deputación de A Coruña, levou  cabo ao longo do ano 2019 a catalogación dos planos e mapas depositados no Arquivo Biblioteca Histórico Diocesano de Santiago de Compostela (AHDS) procedentes dos fondos parroquiais da diocese e outras institucións diocesás e mesmo de doazóns particulares incorporadas a esta arquivo.

Nunha primeira etapa do proxecto a equipa do arquivo localizou entre os fondos do AHDS a documentación para, logo de identificala, seren revisada polo noso conservador, quen  plantexou una estratexia de conservación que garantira unha manipulación segura afianzando a  súa perdurabilidade.

Coa documentación correctamente preparada para a súa manipulación, procedeuse á análise do contido e catalogación que logo se volcou no noso catálogo bibliográfico en liña  do PROXECTO MEIGA.

As pezas mais destacadas ou con formatos de difícil manexo foron dixitalizadas de cara a mellorar o acceso a estes materiais, acción esta que incide tamén na conservación dos mesmos.

En breve tempo presentaremos en prensa os resultados destes traballos a través dun pequeno catálogo, que poderá recollerse nas instalacións do arquivo ou descargarse na nosa web,  ademais de expoñer nas nosas instalacións aquelas pezas mais antigas ou senlleiras da nosa colección.