NORMATIVA EXTRAORDINARIA PARA O ACCESO E CONSULTA DE DOCUMENTACIÓN

Para adaptar os nosos servizos ás circunstancias actuais; modificouse e completouse a normativa de acceso e consulta vixente no noso arquivo. Os trocos que figuran a continuación son de obrigado cumprimento.

  • O AHDS reduciu o aforo na sala de investigadores a 7 postos como consecuencia da situación sanitaria e en cumprimento da normativa vixente.

  • Os usuarios deberán evitar o uso do ascensor sempre que sexa posible e en todo caso o uso será individual.
  • Os usuarios deberán respectar as normas de distanciamento social (mínimo de 1,5 m. de distancia) así como as normas de hixiene establecidas polas autoridades sanitarias.
  • É obrigatorio o uso de máscara e luvas de algodón, igualmente a desinfección de mans á entrada.
  • O AHDS poñerá ao dispor dos seus usuarios dispensadores de xel hidroalcólico, así como auga e xabón.
  • O uso de zonas comúns verase restrinxido temporalmente en función da evolución da situación.
  • O acceso aos armariños pode circunstancialmente limitarse.
  • Para o acceso á documentación é preciso o uso de luvas de algodón.
  • A consulta limítase a 6 documentos ou unidades de instalación por día e investigador.
  • O acceso á biblioteca auxiliar realizarase baixo pedido ao persoal de sala, queda prohibido o acceso directo á mesma.
  • O usuario debe vir provisto do seu material (papel, goma, aguzalapis e lapiseiro ou computador portátil) o arquivo non facilitará  material de oficina ou escritorio.
  • O material refugado polos usuarios, máscaras, papel, etc. será depositado, por eles mesmos, nunha papeleira con tapa e pedal instalada para o efecto.
  • Para calquera outra situación rexerán as normas habituais e se non hai máis remedio será o director ou persoal do arquivo quen avalíe a situación.
  • O incumprimento desta normativa ou de calquera outra indicación que puidese realizar o persoal encargado, traerá como consecuencia inmediata a denegación do acceso ao arquivo.